| [+/-] | Informes do observatorio do paro. Perfil tipo do parado (Novembro 2009) |
Como cada mes, completamos a información do paro rexistrado no territorio cos informes do perfil tipo do parado no ámbito do Pacto Territorial de Emprego da Mariña, así como tamén en cada un dos concellos que forman parte do mesmo, correspondentes, ambos, ao pasado mes de Novembro.
Perfil tipo do parado nos distintos concellos que integran o Pacto Territorial de Emprego da Mariña (Novembro 2009)
Se queres descargar estes documentos en formato PDF preme nos seguintes enlaces:
| [+/-] | Informes do territorio/poboación. Panorama demográfico. Decembro de 2009 |
A cuestión demográfica é un elemento dunha importancia fundamental de cara a planificación de estratexias e políticas de desenvolvemento económico, social, laboral, etc en todos os ámbitos territoriais. Neste senso, as previsións realizadas polo Instituto Nacional de Estatística (INE), para o período 2009- 2018, apuntan a un descenso xeralizado da poboación residente nas catro provincias galegas, sendo Lugo a que peor parada sae da comparativa, xa que presenta unha previsión de descenso do 5,83 %, fronte ao 4,97 % de Ourense, ao 2,63% de Pontevedra e ao 2,09 % de A Coruña.
| [+/-] | Informes do observatorio do paro. Paro rexistrado (Novembro de 2009) |
Tras o avance de datos de desemprego realizado no día de onte, achegamos o informe completo de paro rexistrado en Novembro de 2009, realizado polo Observatorio do Paro da Unidade de Promoción e Desenvolvemento do Pacto Territorial de Emprego da Mariña. Tal e como se fai mensualmente, os datos que se ofrecen no devandito informe, están referidos ao territorio do Pacto (prestando especial atención a cada un dos municipios que o integran), á provincia de Lugo e a Galicia.
Premendo na imaxe da portada, pódese descargar o informe en formato PDF . Tamén está dispoñible para a súa descarga nos menús superiores, na sección "Observatorio do paro" (Novembro de 2009).
En canto se atopen dispoñibles os datos correspondentes, completarase a información sobre o paro rexistrado no pasado mes de Novembro cos informes relativos ao perfil tipo do parado no territorio do Pacto, así como tamén nos distintos concellos que forman parte do mesmo.
| [+/-] | Avance de datos de paro rexistrado. Novembro de 2009 |
Á espera de ter rematado o informe completo de paro rexistrado no mes de Novembro, avanzamos uns primeiros datos que nos permiten ter unha idea da situación actual do desemprego no territorio do Pacto.
O paro rexistrado no Pacto Territorial de Emprego da Mariña aumentou no pasado mes de Novembro en 184 persoas, o que supón un 4,54% máis de paro que o mes pasado. Aínda así, esta variación e moi inferior a sufrida no mesmo mes do 2008 cando o paro aumentara en 315 persoas (un 9,82%). A porcentaxe de aumento do paro sitúase entre os valores correpondentes á provincia de Lugo (onde o aumento do paro foi dun 5,50%) e os da comunidade autónoma de Galicia (onde aumentou o 3,78%).
O aumento do paro foi maior entre os homes que entre as mulleres. Mentres o paro masculino aumenta no derradeiro mes un 5,56%, o paro feminino faino un 3,76%. A variación interanual do paro reflicte que no Pacto é onde mais aumentou nos derradeiros doce meses. Con un aumento do 20,24% supera os aumentos da provincia de Lugo, onde aumentou o 20,04% e o de Galicia onde aumentou o 19,91%.
A análise dos datos por concellos mostra que o paro rexistrado só descendeu en dous dos dezasete concellos do Pacto. Estes concellos son Xove e Trabada. No concello de Ourol o paro non trocou e nos restantes aumentou. Os maiores aumentos son os que se corresponden aos concellos de Lourenzá, Alfoz, O Vicedo e O Valadouro. Estudando a variación interanual do paro non hai ningún concello que teña menos parados en novembro de 2009 que en novembro de 2008. Os concellos onde máis aumentou o paro no derradeiro ano foron O Vicedo, Lourenzá, Cervo e Burela. E os concellos nos que se rexistran os menores aumentos do paro son A Pontenova, Ourol, Muras e Ribadeo.
Mañá, xoves 3 de Decembro, estará dispoñible para a súa descarga, o informe completo do Observatorio do Paro correspondente ao mes de Novembro de 2009
| [+/-] | Informes do territorio/poboación. Cobertura da TDT (Novembro de 2009) |
A día de hoxe aínda hai moitos lugares dentro do ámbito de influenza do Pacto Territorial de Emprego da Mariña que non teñen cobertura suficiente para poder captar o sinal da TDT. Estos lugares, denominados “zonas de sombra”, concéntranse especialmente nos núcleos rurais caracterizados por una maior dispersión poboacional e a existencia dun maior número de barreiras naturais.
No seguinte informe sobre territorio/poboación que achegamos a continuación, realizouse un seguimento e un estudo individualizado da cobertura de TDT existente no Pacto Territorial de Emprego da Mariña. A información preséntase desagregada por concellos e por entidades de poboación.
| [+/-] | Informes do mercado laboral. Ofertas de emprego (Xaneiro 2009-Setembro 2009) |
Continuando coas actualizacións trimestrais dos diferentes indicadores socioeconómicos do territorio, presentamos nesta ocasión un novo informe de mercado laboral que amosa a evolución das ofertas de emprego no territorio do Pacto durante os primeiros tres trimestres do 2009, clasificadas en cinco categorías diferentes: por totais, segundo requerimento ou non de sexo, por actividade económica (CNAE-09), segundo nivel académico e por ocupacións máis ofertadas (CNO-94).
Para a descarga do informe en formato PDF preme na imaxe.
| [+/-] | Informes do mercado laboral. Contratos (Xaneiro 2009-Setembro 2009) |
| [+/-] | Informes do tecido empresarial. Indicadores económicos básicos 2009 |
Coa publicación do novo Atlas Socioeconómico de Galicia 2009 (Caixanova), levamos a cabo unha actualización dos datos contidos no informe Indicadores económicos básicos 2008, un documento elaborado polo equipo desta UPD a partir dos datos contidos no Atlas Socieconómico de Galicia 2008 (Caixanova). Tal e como se fixo no anterior informe de indicadores económicos, o documento que hoxe mostramos ofrece datos correspondentes a algúns dos indicadores incluidos no Atlas Socioeconómico de Galicia 2009 (Caixanova), en relación os diferentes concellos que integran o Pacto Territorial de Emprego da Mariña e leva a cabo unha pequena comparativa entre os valores que presentan os diferentes indicadores para o Pacto, a provincia de Lugo e Galicia.
| [+/-] | Informes do mercado laboral. Mobilidade laboral (Xaneiro 2009- Setembro 2009) |
A mobilidade estúdase segundo diferentes criterios a partir da información que ofrece un contrato (sexo e idade, actividade económica, tipoloxía contractual, etc.) Para a realización do estudo empregáronse datos do Instituto Galego das Cualificacións. O ámbito temporal avaliado comprende os tres primeiros trimestres do ano en curso 2009.
Para descargar este informe en formato PDF fai click na imaxe.
| [+/-] | Informes do observatorio do paro. Perfil tipo do parado (Outubro 2009) |
Xa están dispoñibles para a súa consulta e descarga, os informes relativos ao perfil tipo do parado no ámbito do Pacto Territorial de Emprego da Mariña, así como tamén en cada un dos concellos que forman parte do mesmo, correspondentes, ambos, ao pasado mes de Outubro.
Perfil tipo do parado nos distintos concellos que integran o Pacto Territorial de Emprego da Mariña (Outubro 2009)
Para descargar estes documentos en formato PDF preme nos seguintes enlaces:
Tamén están dispoñibles para a súa descarga no menú superior, na sección "Observatorio do paro".
| [+/-] | Informes do observatorio do paro. Paro rexistrado (Outubro de 2009) |
O Observatorio do paro da UPD do Pacto territorial de Emprego da Mariña, fai públicos os datos de paro rexistrado correspondentes ao pasado mes de Outubro de 2009. Como nos meses anteriores preséntase os datos agregados a nivel de Pacto có obxectivo de comparalos cos correspondentes á Provincia de Lugo e a Galicia. Asímesmo, ofrécense datos da evolución do paro rexistrado para cada un dos concellos que integran o Pacto.
Nos vindeiros días completarase á información sobre paro rexistrado cos informes dos perfiles tipo do parado tanto para o Pacto como para os concellos que forman parte del.
Facendo click na imaxe da portada, poderedes descargar o informe en formato PDF . Tamén está dispoñible para a súa descarga nos menús superiores, na sección "Observatorio do paro" (Outubro de 2009).
| [+/-] | Informes do mercado laboral. Paro rexistrado por niveis académicos e por tempo de búsqueda de emprego (3º trimestre de 2009) |
- En primeiro lugar, observouse a evolución do paro rexistrado segundo o nivel acádemico do desempregado considerando cinco categorías diferentes: ata certificado de escolaridade, Ensinanza Obrigatoria, Formación Profesional, BUP/ Bacherelato Superior/COU, Titulación Universitaria.
- Por outra banda, estúdase o comportamento do paro rexistrado a partir do tempo de búsqueda de emprego das persoas que non teñen traballo, distinguindo para elo tres franxas temporais: menos de 6 meses na procura de emprego, entre 6 meses e un ano, máis dun ano.
| [+/-] | Informes do mercado laboral.Paro rexistrado por idades. (3º trimestre de 2009) |
Para descargar este informe en formato PDF fai click na imaxe.
| [+/-] | Informes do tecido empresarial. Indicadores económicos básicos 2008 |
Empregando a información extraída do último Atlas Socioeconómico de Galicia 2008 (Caixanova), e a espera de que se publique unha nova edición do mesmo, presentamos un pequeno documento que mostra datos dalgúns dos indicadores aos que fai referencia esta publicación, en relación os diferentes concellos que integran o Pacto Territorial de Emprego da Mariña. O documento inclúe tamén unha pequena comparativa entre os valores que presentan os diferentes indicadores para o Pacto, a provincia de Lugo e Galicia.
Para descargar este documento en formato PDF fai click na imaxe.
| [+/-] | Informes do mercado laboral. Afiliacións á Seguridade Social(Xaneiro 2009-Xuño 2009) |
Achegamos un novo informe do mercado laboral que se centra, nesta ocasión, en observar o comportamento das afiliacións á Seguridade Social durante o primeiro semestre do ano 2009. Contémplase a evolución das afiliacións en relación o territorio do Pacto, a provincia de Lugo e a comunidade autónoma galega. Os datos de afiliados clasificáronse segundo dous criterios básicos: réxime de afiliación e actividade econonómica (CNAE-2009). O informe leva a cabo, ademais, unha aproximación especial á situación das afiliacións no territorio do Pacto en función das actividades nas que se concentra.
Para descargar este informe en formato PDF fai click na imaxe.
| [+/-] | Informes do observatorio do paro. Perfil tipo do parado (Setembro 2009) |
De cara a ampliar a información contida no informe do paro rexistrado de Setembro de 2009, elaborado polo observatorio do paro desta UPD, presentamos dous documentos que permiten observar cal é o perfil tipo do parado no ámbito do Pacto Territorial de Emprego da Mariña, así como tamén en cada un dos concellos que forman parte do mesmo.
Perfil tipo do parado nos distintos concellos que integran o Pacto Territorial de Emprego da Mariña (Setembro 2009)
Tamén están dispoñibles para a súa descarga no menú superior, na sección "Observatorio do paro".
| [+/-] | Formación e recursos no territorio. Actualización (III) |
No día de hoxe procedeuse á actualización do listado de técnicos de emprego, axentes de emprego e desenvolvemento local e orientadores laborais que exercen a súa labor no ámbito de influenza do Pacto Territorial de Emprego da Mariña. No menú superior, na sección "Formación e recursos"/asesoramento laboral, podedes consultar e descargar este novo listado.
Asímesmo, informamos tamén de que se procedeu a ampliar o contido da referida sección, en concreto a parte adicada a outros recursos do territorio. Engadíronse novos elementos a ter en consideración, como é un listado dos centros de saúde existentes no Pacto, os recursos dos que dispón a Administración de Xustiza no mesmo e por último unha pequena análise da penetración da banda ancha e do número de liñas teléfonicas que existen no territorio do Pacto.
| [+/-] | Informes do tecido empresarial. Estrutura produtiva (Outubro 2009) |
Publicamos un primeiro informe dentro do apartado relativo ao tecido empresarial, onde tratamos de mostrar cales son os recursos, elementos, etc. que caracterizan á estrutura produtiva do Pacto Territorial de Emprego da Mariña nos diferentes sectores: agricultura, construción, industria, servizos, etc. Dentro de cada un dos sectores, observánse cuestións tales como os efectivos e explotacións de gando bovino, licenzas de obra no territorio, parque de vehículos, bancos e caixas de aforro, etc.
Para a súa elaboración avaliouse a información contida no banco municipal de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), empregándose tamén outros datos procedentes do Instituto Galego das Cualificacións.
| [+/-] | Informes do mercado laboral. Sinistralidade laboral (Xaneiro 2009-Xuño 2009) |
Dentro do apartado "Informes do mercado laboral", achegamos un novo documento onde se levou a cabo unha análise do comportamento da sinistralidade laboral no territorio do Pacto Territorial de Emprego da Mariña durante o primeiro semestre do ano 2009. Este informe foi elaborado a partir de datos subministrados polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), e aborda a sinistralidade laboral nos diferentes concellos do territorio, clasificando os accidentes laborais en tres grandes grupos:
- Accidentes laborais con baixa segundo a súa gravidade.
- Accidentes laborais con baixa segundo sectores de actividade e gravidade.
- Accidentes laborais con baixa in itinere.
| [+/-] | Informes sobre formación e recursos. Formación Profesional e empregabilidade. |
A oferta formativa no Pacto comprende 34 ciclos de Formación Profesional, distribuídos en 21 ciclos de Grao Medio e 13 de Grao superior. Estes ciclos están dirixidos a xoves entre 16 e 19 anos, distribúense en 13 familias formativas, das 22 que oferta a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Estas 13 familias formativas, a súa vez, imparten 34 ciclos formativos dos 102 que oferta o sistema educativo en Galicia (41 de Grao Medio e 61 de Grao Superior segundo datos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria).
En Galicia incorpóranse no ano académico 2009-2010 en primeiro curso de ciclos formativos un total de 14.659 alumnos, (8.720 de Grao Medio e 5.939 de Grao superior). Deste total, a provincia de Lugo representa unha porcentaxe do 10.13%, con unha matrícula de 1.486 alumnos (949 de Grao Medio e 537 Grao Superior). No territorio do Pacto hai un total de 436 alumnos (279 de Grao Medio e 157 de Grao Superior), o que representa unha porcentaxe do 2.97% con respecto a Galicia.

IES Illa de Sarón, en Xove
• Da familia Mantemento de vehículos autopropulsados: ciclos de Grao Medio “Electromecánica de vehículos” 21 alumnos IES María Sarmiento, 25 alumnos CIFP Porta da Auga quedan vacantes 2 prazas. Ciclo de Grao Medio “Carrozaría” 6 alumnos IES María Sarmiento e 14 alumnos CIFP Porta da Auga quedan liberadas 21 prazas. Ciclo de Grao Superior “Automoción” 6 alumnos CIFP Porta da Auga e quedan liberadas 9 prazas.
• Da familia Electricidade e Electrónica: ciclos de Grao Medio “Instalacións eléctricas e automáticas” 11 alumnos IES María Sarmiento e 19 alumnos CIFP Porta da Auga, quedan liberadas 13 prazas. Ciclo Grao Medio “Equipos electrónicos” de consumo 14 alumnos IES Perdouro, quedan vacantes 7 prazas. Ciclos de Grao Superior “Instalacións electrónicas” 8 alumnos IES María Sarmiento quedan liberadas 18 prazas. Ciclo de Grao Superior “desenvolvemento de produtos electrónicos” 7 alumnos IES Perdouro e 14 prazas liberadas, non se dan en ningún centro da comarca 2 ciclos de Grao Superior desta familia “Sistema de regulación e control automático” e “Sistema de telecomunicación e informáticos”.
• Da familia Fabricación Mecánica: ciclo de Grao Medio “Mecanizado” 7 alumnos IES Perdouro quedan vacantes 12 prazas. Ciclo Grao Medio “Soldadura e Calderería” 21 alumnos IES María Sarmiento quedan 2 praza vacante. Non se imparte en ningún centro da comarca 2 ciclos de Grao Superior “Construción Metálicas” e “produción por mecanizado”.
• Da familia Imaxe Persoal : ciclo de Grao Medio “Perruqueira” 21 alumnos IES Perdouro quedan 1 praza vacante. Non se imparte en ningún centro da comarca o ciclo de Grao Medio “Estética persoal decorativa” e os ciclos de Grao Superior “Asesoría e Imaxe persoal” e “Estética”.
• Da familia Sanidade: ciclos de Grao Medio “ coidados auxiliares de enfermería” 30 alumnos IES Monte Castelo, increméntanse 8 prazas e cóbrense todas. Ciclo Grao Superior “Saúde Ambiental” 17 alumnos IES Monte Castelo, 9 prazas liberadas.Non se imparten en ningún centro da comarca ciclos de Grao Medio “Farmacia”e “Emerxencias sanitarias”, e ciclos de Grao Superior “ Anatomía patolóxica e citolóxica”, “Dietética”, “Documentación sanitaria”, “Hixiene bucodental” “Imaxe para o diagnóstico”, “Laboratorio de diagnóstico clínico” “Próteses dental”, “radioterapia” e “audioprótese”.
• Da familia Informática: ciclo de Grao Medio “ sistemas microinformáticas e redes” 18 alumnos IES Illa de Sarón quedan sen cubrir 12 prazas. Ciclo de Grao Superior “Desenvolvemento de aplicacións informáticas” 5 alumnos IES de Foz, quedan liberadas 23 prazas. Queda sen impartir en ningún centro da comarca o ciclo de Grao Superior “Administración de sistemas informáticos”.
• Da familia Comercio e Marketing: ciclo de Grao Medio “Comercio” 5 alumnos IES de Foz quedan 26 pazas vacantes. Quedan sen impartir os ciclos de Grao Superior “Xestión comercial e Marketing” “Comercio internacional” e “Xestión do transporte”.
• Da familia Hostalaría e Turismo: ciclo de Grao Medio “ Cociña e gastronomía” 10 alumnos IES de Foz, quedan vacantes 12 prazas. Ciclo de Grao Medio “ Servizo de restauración” 6 alumnos IES de Foz, quedan vacantes 22 prazas. Ciclo de Grao Superior “Restauración” 7 alumnos IES de Foz e quedan liberadas 16 prazas .Non se imparte en ningún centro do pacto os ciclos de Grao Superior “Axencias de viaxes” “Aloxamentos” “Información e comercialización turística” e “animación turística”.
• Da familia Actividades físicas e deportivas: ciclo de Grao Superior “Animación de actividades físico deportivas” 14 alumnos IES Monte Castelo e quedan liberadas 15 prazas. Queda sen impartirse en ningún centro da comarca o ciclo de Grao Medio “Actividades físico deportivas no medio natural”.
• Da familia formativa Servizos sociais á comunidade: ciclo de Grao Superior “Educación Infantil” 27 alumnos IES Dionisio Gamallo Fierros cóbrense todas as prazas. Quedan sen ofertar no noso pacto ciclos de Grao Medio como “atención sociosanitaria” e ciclos de Grao Superior como “Animación sociocultural”, “Integración social” e “Interpretación da lingua de signos”.
• Da familia formativa Edificación e obra civil: ciclo de Grao Medio “Acabados da construción” oferta modular CIFP Porta da Auga. Ciclo Grao Superior “ Desenvolvemento de aplicacións de proxectos” ningún alumnos matriculado. Queda sen impartir en ningún centro da comarca o ciclo de Grao Medio “Albanel” e “ Cubrimento de edificios”, e de Grao Superior o ciclo de “Desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas”e “Realización e plan de obra”.
• Da familia formativa Agrarias : ciclo de Grao Medio “Traballos forestais e conservación do medio natural” 12 alumnos adultos IES San Rosendo. Ciclo Grao Medio “Extensións agrarias extensivas” 20 prazas vacantes CFEA Pedro Murias. Ciclo Grao Superior “Xestión e organización de recursos naturais paisaxísticos”. 22 alumnos IES San Rosendo. Quedan sen impartir en ningún centro da comarca os ciclos de Grao Medio “Xardinaría” “Explotacións agrarias intensivas” e o ciclo de Grao superior “ Xestión e organización de empresas agropecuarias”.
Contrastando estes datos cunha serie de informes de mercado laboral realizados polo equipo desta UPD que analizan a evolución das ofertas de emprego e dos contratos no ámbito do Pacto Territorial de Emprego da Mariña durante o primeiro semestre do ano en curso 2009, pódese considerar que en xeral a oferta formativa é compatible coa demanda que na actualidade require o mercado laboral. A pesar diso, cabe salientar a carencia en ciclos de Grao Medio e Superior para familias formativas con altos niveis de contratación como sanidade, comercio e marketing, hostalaría e turismo, servizos sociais a comunidade…agrarias; posto que as maiores porcentaxes de contratos no período analizado correspondíanse coa hostalaría (18%), o comercio por xunto…(12,3%), as actividades agrogandeiras, forestais e pesqueiras (11,97%).
Para concluír este informe compre dicir que se incorporan a ciclos formativos no noso territorio no ano académico 2009-2010 un total de 436 alumnos, solicitando matrícula en primeiro curso de Grao medio 279 alumnos (223 en 1º e 56 en 2º convocatoria) para 487 prazas que se ofertan, quedando 176 liberadas. E 157 alumnos en primeiro curso de Grao superior (104 en 1º convocatoria e 53 en 2º) quedando liberadas 142. Hai que salientar que no territorio do Pacto non existe oferta algunha das seguintes familias profesionais: Actividades marítimo pesqueiras, artes gráficas; comunicación, imaxe e son; industrial alimentarias, madeira e moble, mantemento e servizos á produción; química; téxtil, confección e pel, e vidro e cerámica que abranguen un total de 35 ciclos formativos.
É preciso salientar que dentro dalgunhas das familias profesionais das que non hai oferta no territorio do Pacto, como é o caso das relacionadas coas actividades marítimo-pesqueiras, hai unha serie de ocupacións que figuran entre as 10 máis ofertadas/contratadas durante o período Xaneiro-Xullo 2009, tal e como se recolle nos informes do mercado laboral sobre ofertas de emprego e contratos, elaborados polo equipo desta UPD e que antes mencionamos.
Os ciclos de Grao medio mais demandados no pacto son: de “coidados auxiliares en enfermaría” ofertaba 22 prazas e en xuño cubríronse 30, “electromecánica de vehículos” repartido en dous centros ofertábanse 44 prazas e cubríronse 46, “Soldadura e Calderería” ofertaba 22 e cóbrense 21 e “perruquería” ofertaba 22 e quedan liberadas 1.
Os soldadores inclúense dentro das ocupacións que presentaron un crecemento sostido no primeiro trimestre do ano 2009 e os perruqueiros tamén se clasifican na mesma categoría pero no segundo trimestre do ano en curso, aínda que no total de contratos ámbalas dúas profesións non son especialmente representativas.
Se pode confirmar que no caso do ciclo “coidados auxiliares en enfermaría” a demanda formativa coincide coa contratación, xa que enfermeiros e auxiliares de enfermaría de atención primaria son algunhas das ocupacións máis contratadas en 5 dos concellos que conforman o Pacto territorial o longo do primeiro semestre do ano 2009. A pesar do descenso rexistrado a nivel de Pacto dos contratos relacionados con actividades sanitarias estas representan o 9,38% do total de contratos, sendo polo tanto a sexta actividade máis contratada. Estudos realizados no ano 2008 clasificaban os auxiliares de enfermaría dentro das ocupacións con boas perspectivas laborais, de crecemento relevante e alta ocupabilidade laboral.
A reparación de vehículos rexístrase no primeiro semestre do presente ano como terceira actividade máis contratada supoñendo un 12,3% dun total de 7197 contratos realizados a nivel de Pacto, considerar que esta actividade está incluída dentro do grupo G “comercio por xunto e polo miúdo; reparación de vehículos…”
Os ciclos onde quedan mais prazas vacantes son : “xestión administrativa” repartida en 3 centros so lograron cubrir menos da metade da súa oferta (39 alumnos) quedando 46 prazas liberadas, o ciclo “Cociña e Gastronomía” de 22 prazas cobre 10 e o mesmo co ciclo de “Carrozarías” de 44 prazas repartidas en dous centros solo se cobren 20.
Curiosamente algún dos ciclos onde se confirman máis prazas vacantes están relacionados coas 12 ocupacións máis ofertadas no Pacto territorial, un 5% da media total da oferta presentada no primeiro semestre do presente ano está dirixida a empregados administrativos, un 11% a cociñeiros, un 6 % a pinches de cociña. Concretamente cociñeiros e auxiliares administrativos eran algunhas das ocupacións que presentaban crecemento sostido na contratación do segundo trimestre do ano 2009. As actividades administrativas e servizos auxiliares xunto coas de administración pública…supoñen o 13,5% do total de contratos efectuados no Pacto territorial no primeiro semestre do ano 2009 sendo polo tanto a terceira actividade máis contratada.
Destacar que os ciclos onde se rexistra unha menor matriculación son os de “Comercio” que ofertan 30 prazas e so 5 alumnos están interesados nesta especialidade, o mesmo ocorre co ciclo “Servizos de restauración” de 24 prazas ofertadas comezan o curso 6 alumnos; esta situación de escasa solicitude de matriculación contrasta coa tendencia da contratación no primeiro semestre do ano 2009 que se caracterizaba por presentar como ocupacións con crecemento sostido na contratación a dependentes e exhibidores en tendas…, camareiros, barman…cociñeiros relacionadas cos ciclos anteriores. Incluso no segundo trimestre do ano 2009 os traballadores dos servizos de restauración…e vendedores dos comercios respondía á tipoloxía da contratación no Pacto territorial .
Diferentes estudos sobre empregabilidade e ocupabilidade que recollen datos das distintas comarcas do Pacto Territorial de Emprego da Mariña (Instituto Galego das Cualificacións. Saídas profesionais comarcais 2009), poñían de manifesto que determinadas actividades como cociñeiros, representantes de comercio, dependentes e exhibidores en tendas, camareiros, barmans e asimilados, foron ocupacións que no período 2004/2008 tiveron un crecemento relevante, con alta ocupabilidade laboral e polo tanto con boas perspectivas no mercado laboral.
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Consellería de Traballo e Benestar.
Instituto Galego das Cualificacións. Saídas profesionais comarcais 2009
| [+/-] | Informes do observatorio do paro. Paro rexistrado (Setembro de 2009) |
A Unidade de Promoción e Desenvolvemento do Pacto Territorial de Emprego da Mariña, a través do seu Observatorio do paro, fai públicos os datos de paro rexistrado correspondentes ao mes de Setembro de 2009. Datos que fan referencia ao territorio do Pacto (con especial atención aos concellos que o integran), á provincia de Lugo e a Comunidade Autónoma de Galicia.
Facendo click na imaxe da portada, poderedes descargar este informe en formato PDF (recomendado para unha mellor visualización). Tamén está dispoñible para a súa descarga nos menús superiores, na sección "Observatorio do paro" (Setembro de 2009).
Na vindeira semana completarase a información sobre o paro rexistrado no mes de Setembro cos informes relativos ao perfil tipo do parado no territorio do Pacto, así como tamén nos distintos concellos que forman parte do mesmo.
| [+/-] | Informes do mercado laboral. Paro rexistrado por niveis académicos e por tempo de búsqueda de emprego (Xaneiro 2009-Xuño 2009) |
- En primeiro lugar, abordouse o estudo do paro rexistrado tomando como referencia o nivel acádemico do desempregado en base a cinco categorías diferentes: ata certificado de escolaridade, Ensinanza Obrigatoria, Formación Profesional, BUP/ Bacherelato Superior/COU, Titulación Universitaria.
- Por outra banda, avaliouse o comportamento do paro rexistrado tendo en conta o tempo de búsqueda de emprego das persoas en situación de desemprego, distinguindo para elo tres franxas temporais: menos de 6 meses na procura de emprego, entre 6 meses e un ano, máis dun ano.
| [+/-] | Informes sobre formación e recursos. Confrarías de pescadores e frota pesqueira (Setembro de 2009) |
Achegamos un primeiro informe sobre formación e recursos que se centra na análise doutros recursos de peso no territorio do Pacto como son as confrarías de pescadores e a frota pesqueira existente na actualidade. Este informe pon de manifesto a importante perda de frota pesqueira que sufriu o territorio durante os últimos dez anos e que trouxo consigo a destrución de moitos postos de traballo. Entre outras cuestións, recolle un listado das sete confrarías que hai no Pacto Territorial de Emprego da Mariña (Burela, Celeiro, Foz, Rinlo, Ribadeo, San Cibrao, O Vicedo), a frota de barcos da que dispón cada unha delas e as artes de pesca máis importantes. O informe fai mención tamén á escasez de oferta formativa na materia existente no Pacto, debido a falta de titulacións que proporcionen formación integral ás tripulacións dos barcos pesqueiros de altura, de litoral e de cabotaxe.
| [+/-] | Servizos hospitalarios no Pacto Territorial |
Para visualizar este documento en pantalla completa preme o botón situado na parte de enriba do mesmo (Full Screen).
Se queres descargar este documento en formato PDF fai click aquí
| [+/-] | Liñas de teléfono e banda ancha no Pacto Territorial |
Para visualizar este documento en pantalla completa preme o botón situado na parte de enriba do mesmo (Full Screen).
Se queres descargar este documento en formato PDF preme aquí
| [+/-] | Administración de xustiza no Pacto Territorial |
Para visualizar este documento en pantalla completa preme o botón situado na parte de enriba do mesmo (Full Screen).
Se queres descargar este documento en formato PDF preme aquí
| [+/-] | Centros de saúde no Pacto Territorial |
Para visualizar este documento en pantalla completa preme o botón situado na parte de enriba do mesmo (Full Screen).
Se queres descargar este documento en formato PDF preme aquí
| [+/-] | Programación FEADER no Pacto Territorial (2º semestre 2009) |
Para visualizar este documento en pantalla completa preme o botón situado na parte de enriba do mesmo (Full Screen).
Se queres descargar este documento en formato PDF preme aquí
| [+/-] | Informes do mercado laboral.Paro rexistrado por idades. (Xaneiro 2009-Xuño 2009) |
Para descargar este informe en formato PDF fai click na imaxe.
| [+/-] | Formación e recursos no territorio. Actualización (II) |
Nova actualización da sección "Formación e recursos", á que poderedes acceder desde o menú superior. Levouse a cabo unha ampliación da información contida na devandita sección coa colocación de dous novos menús que fan referencia, por unha banda, a outra formación existente no territorio do Pacto (educación secundaria, primaria e infantil, escolas oficiais de idiomas, UNED, escolas de música, rede de dinamización, etc.), e por outra, a outros recursos dos que dispón o mesmo (asistentes e traballadores sociais, oficinas de turismo, telecentros, etc.)
Na medida do posible tratarase de ampliar esta sección có obxectivo de observar dun xeito o máis gráfico posible, como se estrutura o mapa de recursos formativos no ámbito do Pacto Territorial de Emprego da Mariña, facendo ademáis mención a outro tipo de servizos/recursos existentes no territorio abranguido por él.
| [+/-] | Informes do observatorio do paro. Perfil tipo do parado (Agosto 2009) |
Tal e como se fixo o pasado mes e como complemento da información contida no informe do paro rexistrado de Agosto de 2009, elaborado polo observatorio do paro desta UPD, achegamos dous documentos onde se pode observar cal é o perfil tipo do parado no ámbito do Pacto Territorial de Emprego da Mariña, así como tamén en cada un dos concellos que forman parte do mesmo.
Perfil tipo do parado nos distintos concellos que integran o Pacto Territorial de Emprego da Mariña (Agosto 2009)
Tamén están dispoñibles para a súa descarga no menú superior, na sección "Observatorio do paro".
| [+/-] | Informes do observatorio do paro. Paro rexistrado (Agosto de 2009) |

Facendo click na imaxe da portada, poderedes descargar o informe en formato PDF (recomendado para unha mellor visualización). Tamén está dispoñible para a súa descarga nos menús superiores, na sección "Observatorio do paro" (Agosto de 2009).
| [+/-] | Informes do mercado laboral. Ofertas de emprego (Xaneiro 2009-Xullo 2009) |
Achegamos un novo informe do mercado laboral onde se fai referencia á evolución das ofertas de emprego no territorio do Pacto, entre os meses de Xaneiro e Xullo do ano en curso 2009. Para a clasificación das ofertas empregáronse diferentes criterios: ofertas con requerimento de sexo ou sen él, ofertas segundo actividade ecónomica (CNAE-09); ocupacións máis ofertadas (CNO-94).
Para descargar este informe en formato PDF fai click na imaxe.
| [+/-] | Informes do observatorio do paro. Perfil tipo do parado (actualización) |
Xa se atopan dispoñibles para a súa consulta, os informes do observatorio do paro relativos ao perfil tipo do parado nos meses de Xaneiro a Xullo de 2009, tanto no territorio do Pacto como nos concellos que o integran.
No menú superior, na sección, "Observatorio do paro", xunto co informe mensual do paro rexistrado, poderanse descargar en formato PDF estes informes.
| [+/-] | Informes do observatorio do paro. Perfil tipo do parado (Xullo 2009) |
Complementando a información contida no informe do paro rexistrado de Xullo de 2009, elaborado polo observatorio do paro desta UPD, achegamos dous documentos onde se pode observar cal é o perfil tipo do parado no ámbito do Pacto Territorial de Emprego da Mariña, así como tamén en cada un dos concellos que forman parte do mesmo.
Para descargar estes documentos en formato PDF preme nos seguintes enlaces:
Perfil tipo no Pacto (Xullo 2009)
Perfil tipo nos concellos do Pacto (Xullo 2009)
Tamén están dispoñibles para a súa descarga no menú superior, na sección "Observatorio do paro".
| [+/-] | Oficinas de Turismo no Pacto Territorial |
Para visualizar este documento en pantalla completa preme o botón situado na parte de enriba do mesmo, a dereita ( Toggle Full Screen).
Se queres descargar este documento en formato PDF preme aquí.
| [+/-] | Telecentros no Pacto Territorial |
Para visualizar este documento en pantalla completa preme o botón situado na parte de enriba do mesmo, a dereita ( Toggle Full Screen).
Para ampliar a información sobre o funcionamiento, organización, servizos, etc. que ofrecen estes centros, cómpre dirixirse aos mesmos.
Se queres descargar este documento en formato PDF preme aquí.
| [+/-] | Asistentes/ Traballadores Sociais no Pacto Territorial |
Para visualizar este documento en pantalla completa preme o botón situado na parte de enriba do mesmo, a dereita ( Toggle Full Screen).
O listado de asistentes e traballadores sociais é susceptible de modificacións periódicas. Para máis información, é aconsellable dirixirse ás diferentes entidades das que dependen os devanditos profesionais.
Se queres descargar este documento en formato PDF preme aquí.
























.png)
