Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do mercado laboral.Paro rexistrado por idades. (3º trimestre de 2009)



Continuando coa tarefa iniciada có informe de mercado laboral de paro rexistrado por grupos quinquenais de idade no primeiro semestre de 2009, achegamos un novo documento onde se reflexa a evolución do desemprego no terceiro trimestre do ano en curso utilizando o mesmo criterio empregado no informe citado. Avaliase o comportamento do paro rexistrado por grupos de idade no territorio de Pacto facendo especial mención á situación en cada un dos concellos que o integran.




Para descargar este informe en formato PDF fai click na imaxe.
 
Ir Arriba