Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do mercado laboral. Paro rexistrado por niveis académicos e por tempo de búsqueda de emprego (3º trimestre de 2009)



De cara a completar á información sobre o paro rexistrado no terceiro trimestre do ano en curso 2009, presentamos dous novos informes de mercado laboral que suceden aos realizados no primeiro semestre do ano, e que observan a evolución do paro desde dúas perspectivas diferentes:

  • En primeiro lugar, observouse a evolución do paro rexistrado segundo o nivel acádemico do desempregado considerando cinco categorías diferentes: ata certificado de escolaridade, Ensinanza Obrigatoria, Formación Profesional, BUP/ Bacherelato Superior/COU, Titulación Universitaria.
  • Por outra banda, estúdase o comportamento do paro rexistrado a partir do tempo de búsqueda de emprego das persoas que non teñen traballo, distinguindo para elo tres franxas temporais: menos de 6 meses na procura de emprego, entre 6 meses e un ano, máis dun ano.
Dous documentos que, ademais de presentar os datos agregados a nivel Pacto Territorial, leva a cabo unha especial aproximación á situación de un dos municipios que o integran.





Para descargar estes informes en formato PDF fai click nas imaxes que corresponden a cada un deles.
 
Ir Arriba