Trala súa aprobación polo Comité de Dirección do Pacto Territorial de Emprego da Mariña o día 11 de Febreiro de 2010, presentamos a Análise DAFO realizada polo equipo desta UPD durante a 2ª fase do seu proxecto.
A partir da diagnose inicial do territorio do Pacto elaborada por esta Unidade de Promoción e Desenvolvemento, procedeuse á elaboración do DAFO durante o 2º semestre de 2009, tarefa que rematou no mes de Decembro pasado.

O obxectivo básico da Análise DAFO é dobre:
- En primeiro lugar, ofrecer, a través dunha rápida visualización, unha imaxe da realidade socioeconómica e laboral do territorio do Pacto.
- En segundo lugar, servir como punto de partida para a planificación, deseño e implementación de políticas e actuacións concretas que favorezan o desenvolvemento do territorio.
Xunto cos datos extraídos da diagnose inicial do territorio realizada polo equipo da UPD, o DAFO incorpora tamén outro tipo de datos cuantitativos e cualitativos esenciais para a súa realización:
- Informes realizados pola UPD durante o 2009 no que se actualizan os datos dos principais indicadores de emprego do territorio.
- Aportacións particulares ao documento realizadas por algúns dos técnicos de emprego, orientadores laborais, ADLs, etc. que traballan no ámbito do Pacto.
- Respostas a un cuestionario de preguntas enviado a todos os profesionais do asesoramento e a orientación do territorio, en relación ás dificultades, vantaxes, e problemas que se atopan no desenvolvemento do seu traballo diario.
- Respostas a un cuestionario de preguntas enviado a empresas representativas do territorio nos distintos sectores de actividade, en relación ás necesidades de formación e dificultades de contratación dos seus traballadores.
Para descargar o informe en formato PDF fai click na imaxe superior.
Premendo aquí, podes descargar tamén a presentación da Análise DAFO (en formato .pps) que se realizou na reunión do Comité de Dirección do Pacto Territorial de Emprego da Mariña, celebrada o día 11 de Febreiro de 2010.

.png)