Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Estudos realizados pola UPD (IV): Análise DAFO






Trala súa aprobación polo Comité de Dirección do Pacto Territorial de Emprego da Mariña o día 11 de Febreiro de 2010, presentamos a Análise DAFO realizada polo equipo desta UPD durante a 2ª fase do seu proxecto.

A partir da diagnose inicial do territorio do Pacto elaborada por esta Unidade de Promoción e Desenvolvemento, procedeuse á elaboración do DAFO durante o 2º semestre de 2009, tarefa que rematou no mes de Decembro pasado.

O obxectivo básico da Análise DAFO é dobre:

  • En primeiro lugar, ofrecer, a través dunha rápida visualización, unha imaxe da realidade socioeconómica e laboral do territorio do Pacto.
  • En segundo lugar, servir como punto de partida para a planificación, deseño e implementación de políticas e actuacións concretas que favorezan o desenvolvemento do territorio.
Xunto cos datos extraídos da diagnose inicial do territorio realizada polo equipo da UPD, o DAFO incorpora tamén outro tipo de datos cuantitativos e cualitativos esenciais para a súa realización:

  • Informes realizados pola UPD durante o 2009 no que se actualizan os datos dos principais indicadores de emprego do territorio.
  • Aportacións particulares ao documento realizadas por algúns dos técnicos de emprego, orientadores laborais, ADLs, etc. que traballan no ámbito do Pacto.
  • Respostas a un cuestionario de preguntas enviado a todos os profesionais do asesoramento e a orientación do territorio, en relación ás dificultades, vantaxes, e problemas que se atopan no desenvolvemento do seu traballo diario.
  • Respostas a un cuestionario de preguntas enviado a empresas representativas do territorio nos distintos sectores de actividade, en relación ás necesidades de formación e dificultades de contratación dos seus traballadores.
Para descargar o informe en formato PDF fai click na imaxe superior.

Premendo aquí, podes descargar tamén a presentación da Análise DAFO (en formato .pps) que se realizou na reunión do Comité de Dirección do Pacto Territorial de Emprego da Mariña, celebrada o día 11 de Febreiro de 2010.
 
Ir Arriba