Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

AFD 2010



Na medida en que se vaian publicando, actualizaremos o listado das accións formativas dirixidas prioritariamente a desempregados que se van a impartir durante o 2010 no Pacto Territorial de Emprego da Mariña.

Para ver o documento a pantalla completa fai click no botón situado na parte de enriba (Full Screen).



Para a descarga do documento en formato PDF clicka aquí
 
Ir Arriba