Achegamos o informe de paro rexistrado correspondente ao mes de Xullo de 2010, elaborado polo observatorio da UPD do Pacto Territorial de Emprego da Mariña. Como cada mes, o informe recolle os datos do paro rexistrado no ámbito territorial do Pacto e dos concellos que o integran, na provincia de Lugo e en Galicia.
Facendo click na imaxe, poderedes descargar o informe en PDF. Tamén está dispoñible para a súa descarga nos menús superiores, na sección "Observatorio do paro" (Xullo de 2010).
Nos vindeiros días actualizarase á información relativa aos perfís tipo do parado no pasado mes de Xullo, tanto no territorio do Pacto como no dos concellos que o conforman.


.png)
