Achegamos un primeiro informe sobre formación e recursos que se centra na análise doutros recursos de peso no territorio do Pacto como son as confrarías de pescadores e a frota pesqueira existente na actualidade. Este informe pon de manifesto a importante perda de frota pesqueira que sufriu o territorio durante os últimos dez anos e que trouxo consigo a destrución de moitos postos de traballo. Entre outras cuestións, recolle un listado das sete confrarías que hai no Pacto Territorial de Emprego da Mariña (Burela, Celeiro, Foz, Rinlo, Ribadeo, San Cibrao, O Vicedo), a frota de barcos da que dispón cada unha delas e as artes de pesca máis importantes. O informe fai mención tamén á escasez de oferta formativa na materia existente no Pacto, debido a falta de titulacións que proporcionen formación integral ás tripulacións dos barcos pesqueiros de altura, de litoral e de cabotaxe.
Para descargar este informe en formato PDF fai click na imaxe.


.png)
