Rematado un novo informe do mercado laboral que complementa a información contida nos dous anteriores ( contratos e ofertas de emprego), e que se centra en avaliar cal foi o comportamento do paro rexistrado por idades durante o primeiro semestre do 2009 no territorio do Pacto, a provincia de Lugo e Galicia. O informe recolle datos da variación do paro por grupos quinquenais de idade no período sinalado, como se distribúe o mesmo entre homes e mulleres e, finalmente, leva a cabo unha aproximación especial ao comportamento de tales indicadores nos diferentes concellos que integran o Pacto Territorial de Emprego da Mariña.
Para descargar este informe en formato PDF fai click na imaxe.
Para descargar este informe en formato PDF fai click na imaxe.


.png)
