FORMACIÓN PROFESIONAL OCUPACIONAL : É a oferta formativa non regrada dirixida a desempregados principalmente, creada para potencia-la inserción e reinserción profesional. Realizada por entidades colaboradoras e financiadas polo Fondo Social Europeo, Servizo Público de Emprego Estatal e o SEF.
FORMACIÓN PROFESIONAL CONTINUA : É formación non regrada dirixida á poboación que xa exerce unha actividade no mundo laboral.
Coa aprobación do Real decreto 395/2007 do 23 de Marzo, intégrase nun só subsistema de formación profesional as antigas formación ocupacional e continua. Posteriormente, a Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, desenvolve o anterior real decreto en materia de formación de oferta e establece as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento. Esta normativa leva consigo unha serie de cambios moi importantes na regulación das subvencións para a impartición de accións formativas para os traballadores/as da nosa comunidade autónoma.

.png)
