Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Formación Profesional ocupacional e continua. Concepto



FORMACIÓN PROFESIONAL OCUPACIONAL
: É a oferta formativa non regrada dirixida a desempregados principalmente, creada para potencia-la inserción e reinserción profesional. Realizada por entidades colaboradoras e financiadas polo Fondo Social Europeo, Servizo Público de Emprego Estatal e o SEF.

FORMACIÓN PROFESIONAL CONTINUA : É formación non regrada dirixida á poboación que xa exerce unha actividade no mundo laboral.

Coa aprobación do Real decreto 395/2007 do 23 de Marzo, intégrase nun só subsistema de formación profesional as antigas formación ocupacional e continua. Posteriormente, a Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, desenvolve o anterior real decreto en materia de formación de oferta e establece as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento. Esta normativa leva consigo unha serie de cambios moi importantes na regulación das subvencións para a impartición de accións formativas para os traballadores/as da nosa comunidade autónoma.
 
Ir Arriba