Presentamos o primeiro informe do ano na sección territorio/poboación, centrado nesta ocasión en tratar unha cuestión de vital importancia para o desenvolvemento de todo territorio: a cuestión demográfica.
O informe aborda a tarefa de actualizar os principais indicadores demógraficos (pirámides poboacionais, idade media, índices de dependencia, etc.) cos datos do pasado 2009, tanto no territorio do Pacto como na provincia e na Comunidade Autónoma. Lévase a cabo tamén, unha exhaustiva análise da estrutura poboacional actual en cada un dos dezasete concellos que integran o Pacto Territorial de Emprego da Mariña.
Para descargar este informe fai click na imaxe.


.png)
