Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do observatorio do paro. Paro rexistrado (Setembro de 2009)



A Unidade de Promoción e Desenvolvemento do Pacto Territorial de Emprego da Mariña, a través do seu Observatorio do paro, fai públicos os datos de paro rexistrado correspondentes ao mes de Setembro de 2009. Datos que fan referencia ao territorio do Pacto (con especial atención aos concellos que o integran), á provincia de Lugo e a Comunidade Autónoma de Galicia.

Facendo click na imaxe da portada, poderedes descargar este informe en formato PDF (recomendado para unha mellor visualización). Tamén está dispoñible para a súa descarga nos menús superiores, na sección "Observatorio do paro" (Setembro de 2009).

Na vindeira semana completarase a información sobre o paro rexistrado no mes de Setembro cos informes relativos ao perfil tipo do parado no territorio do Pacto, así como tamén nos distintos concellos que forman parte do mesmo.

 
Ir Arriba