Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do mercado laboral. Paro rexistrado por niveis académicos e por tempo de búsqueda de emprego (Xaneiro 2009-Xuño 2009)


Presentamos dous novos informes de mercado laboral que se centran en avaliar o comportamento do paro rexistrado no territorio do Pacto, na provincia de Lugo e en Galicia durante o primeiro semestre do 2009, tomando en consideración dúas variables:

  • En primeiro lugar, abordouse o estudo do paro rexistrado tomando como referencia o nivel acádemico do desempregado en base a cinco categorías diferentes: ata certificado de escolaridade, Ensinanza Obrigatoria, Formación Profesional, BUP/ Bacherelato Superior/COU, Titulación Universitaria.
  • Por outra banda, avaliouse o comportamento do paro rexistrado tendo en conta o tempo de búsqueda de emprego das persoas en situación de desemprego, distinguindo para elo tres franxas temporais: menos de 6 meses na procura de emprego, entre 6 meses e un ano, máis dun ano.
Hai que remarcar que estes dous informes, ademais de facer unha análise da situación a nivel de conxunto no Pacto Territorial de Emprego da Mariña, presta especial atención ao acontencido en cada un dos municipios que forman parte do mesmo.







Para descargar estes informes en formato PDF fai click nas imaxes correspondentes a cada un deles.
 
Ir Arriba