Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes sobre formación e recursos. Formación Profesional e empregabilidade.



Coincidindo co inicio do curso escolar, a Unidade de Promoción e Desenvolvemento do Pacto Territorial de Emprego da Mariña, levou a cabo unha análise do número de alumnos que se matricularon no primeiro curso dalgún dos diferentes ciclos de Formación Profesional que existen no ámbito de influenza do Pacto e que abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, (A) Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, Valadouro, Vicedo, Viveiro e Xove.

A oferta formativa no Pacto comprende 34 ciclos de Formación Profesional, distribuídos en 21 ciclos de Grao Medio e 13 de Grao superior. Estes ciclos están dirixidos a xoves entre 16 e 19 anos, distribúense en 13 familias formativas, das 22 que oferta a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Estas 13 familias formativas, a súa vez, imparten 34 ciclos formativos dos 102 que oferta o sistema educativo en Galicia (41 de Grao Medio e 61 de Grao Superior segundo datos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria).

En Galicia incorpóranse no ano académico 2009-2010 en primeiro curso de ciclos formativos un total de 14.659 alumnos, (8.720 de Grao Medio e 5.939 de Grao superior). Deste total, a provincia de Lugo representa unha porcentaxe do 10.13%, con unha matrícula de 1.486 alumnos (949 de Grao Medio e 537 Grao Superior). No territorio do Pacto hai un total de 436 alumnos (279 de Grao Medio e 157 de Grao Superior), o que representa unha porcentaxe do 2.97% con respecto a Galicia.



Esta oferta formativa no territorio do Pacto concéntrase en 10 Centros onde se imparten a totalidade dos ciclos de Formación Profesional, o 100% de carácter público: IES Perdouro, IES Monte Castelo, IES de Foz, IES San Rosendo, IES Porta da Auga, IES María Sarmiento, CIFP Porta da Auga, CFEA Pedro Murias, IES Illa de Sarón e IES Dionisio Gamallo Fierros. As porcentaxes , que representan o peso do alumnado no primeiro curso vese incrementado con respecto ao ano anterior posiblemente debido a que a crise impulsa os xoves a melloras a súa formación rompendo a tendencia a baixa na matriculación nos últimos anos.



IES Illa de Sarón, en Xove


As familias formativas que se imparten no Pacto Territorial de Emprego da Mariña descríbense a continuación:


• Da familia Administración: ciclo de Grao Medio “xestión administrativa”, 14 alumnos no IES Perdouro, 13 alumnos no IES María Sarmiento e 12 alumnos no IES Porta da Auga quedan 46 prazas liberadas. Ciclo de Grao superior “Administración e finanzas” 19 alumnos IES Perdouro, 11 IES Porta da Auga e 14 IES María Sarmiento , quedan liberadas 43 prazas, non se imparte en ningún centro da comarca o Grao Superior de secretariado.

• Da familia Mantemento de vehículos autopropulsados: ciclos de Grao Medio “Electromecánica de vehículos” 21 alumnos IES María Sarmiento, 25 alumnos CIFP Porta da Auga quedan vacantes 2 prazas. Ciclo de Grao Medio “Carrozaría” 6 alumnos IES María Sarmiento e 14 alumnos CIFP Porta da Auga quedan liberadas 21 prazas. Ciclo de Grao Superior “Automoción” 6 alumnos CIFP Porta da Auga e quedan liberadas 9 prazas.

• Da familia Electricidade e Electrónica: ciclos de Grao Medio “Instalacións eléctricas e automáticas” 11 alumnos IES María Sarmiento e 19 alumnos CIFP Porta da Auga, quedan liberadas 13 prazas. Ciclo Grao Medio “Equipos electrónicos” de consumo 14 alumnos IES Perdouro, quedan vacantes 7 prazas. Ciclos de Grao Superior “Instalacións electrónicas” 8 alumnos IES María Sarmiento quedan liberadas 18 prazas. Ciclo de Grao Superior “desenvolvemento de produtos electrónicos” 7 alumnos IES Perdouro e 14 prazas liberadas, non se dan en ningún centro da comarca 2 ciclos de Grao Superior desta familia “Sistema de regulación e control automático” e “Sistema de telecomunicación e informáticos”.

• Da familia Fabricación Mecánica: ciclo de Grao Medio “Mecanizado” 7 alumnos IES Perdouro quedan vacantes 12 prazas. Ciclo Grao Medio “Soldadura e Calderería” 21 alumnos IES María Sarmiento quedan 2 praza vacante. Non se imparte en ningún centro da comarca 2 ciclos de Grao Superior “Construción Metálicas” e “produción por mecanizado”.

• Da familia Imaxe Persoal : ciclo de Grao Medio “Perruqueira” 21 alumnos IES Perdouro quedan 1 praza vacante. Non se imparte en ningún centro da comarca o ciclo de Grao Medio “Estética persoal decorativa” e os ciclos de Grao Superior “Asesoría e Imaxe persoal” e “Estética”.

• Da familia Sanidade: ciclos de Grao Medio “ coidados auxiliares de enfermería” 30 alumnos IES Monte Castelo, increméntanse 8 prazas e cóbrense todas. Ciclo Grao Superior “Saúde Ambiental” 17 alumnos IES Monte Castelo, 9 prazas liberadas.Non se imparten en ningún centro da comarca ciclos de Grao Medio “Farmacia”e “Emerxencias sanitarias”, e ciclos de Grao Superior “ Anatomía patolóxica e citolóxica”, “Dietética”, “Documentación sanitaria”, “Hixiene bucodental” “Imaxe para o diagnóstico”, “Laboratorio de diagnóstico clínico” “Próteses dental”, “radioterapia” e “audioprótese”.

• Da familia Informática: ciclo de Grao Medio “ sistemas microinformáticas e redes” 18 alumnos IES Illa de Sarón quedan sen cubrir 12 prazas. Ciclo de Grao Superior “Desenvolvemento de aplicacións informáticas” 5 alumnos IES de Foz, quedan liberadas 23 prazas. Queda sen impartir en ningún centro da comarca o ciclo de Grao Superior “Administración de sistemas informáticos”.

• Da familia Comercio e Marketing: ciclo de Grao Medio “Comercio” 5 alumnos IES de Foz quedan 26 pazas vacantes. Quedan sen impartir os ciclos de Grao Superior “Xestión comercial e Marketing” “Comercio internacional” e “Xestión do transporte”.

• Da familia Hostalaría e Turismo: ciclo de Grao Medio “ Cociña e gastronomía” 10 alumnos IES de Foz, quedan vacantes 12 prazas. Ciclo de Grao Medio “ Servizo de restauración” 6 alumnos IES de Foz, quedan vacantes 22 prazas. Ciclo de Grao Superior “Restauración” 7 alumnos IES de Foz e quedan liberadas 16 prazas .Non se imparte en ningún centro do pacto os ciclos de Grao Superior “Axencias de viaxes” “Aloxamentos” “Información e comercialización turística” e “animación turística”.

• Da familia Actividades físicas e deportivas: ciclo de Grao Superior “Animación de actividades físico deportivas” 14 alumnos IES Monte Castelo e quedan liberadas 15 prazas. Queda sen impartirse en ningún centro da comarca o ciclo de Grao Medio “Actividades físico deportivas no medio natural”.

• Da familia formativa Servizos sociais á comunidade: ciclo de Grao Superior “Educación Infantil” 27 alumnos IES Dionisio Gamallo Fierros cóbrense todas as prazas. Quedan sen ofertar no noso pacto ciclos de Grao Medio como “atención sociosanitaria” e ciclos de Grao Superior como “Animación sociocultural”, “Integración social” e “Interpretación da lingua de signos”.

• Da familia formativa Edificación e obra civil: ciclo de Grao Medio “Acabados da construción” oferta modular CIFP Porta da Auga. Ciclo Grao Superior “ Desenvolvemento de aplicacións de proxectos” ningún alumnos matriculado. Queda sen impartir en ningún centro da comarca o ciclo de Grao Medio “Albanel” e “ Cubrimento de edificios”, e de Grao Superior o ciclo de “Desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas”e “Realización e plan de obra”.

• Da familia formativa Agrarias : ciclo de Grao Medio “Traballos forestais e conservación do medio natural” 12 alumnos adultos IES San Rosendo. Ciclo Grao Medio “Extensións agrarias extensivas” 20 prazas vacantes CFEA Pedro Murias. Ciclo Grao Superior “Xestión e organización de recursos naturais paisaxísticos”. 22 alumnos IES San Rosendo. Quedan sen impartir en ningún centro da comarca os ciclos de Grao Medio “Xardinaría” “Explotacións agrarias intensivas” e o ciclo de Grao superior “ Xestión e organización de empresas agropecuarias”.

Contrastando estes datos cunha serie de informes de mercado laboral realizados polo equipo desta UPD que analizan a evolución das ofertas de emprego e dos contratos no ámbito do Pacto Territorial de Emprego da Mariña durante o primeiro semestre do ano en curso 2009, pódese considerar que en xeral a oferta formativa é compatible coa demanda que na actualidade require o mercado laboral. A pesar diso, cabe salientar a carencia en ciclos de Grao Medio e Superior para familias formativas con altos niveis de contratación como sanidade, comercio e marketing, hostalaría e turismo, servizos sociais a comunidade…agrarias; posto que as maiores porcentaxes de contratos no período analizado correspondíanse coa hostalaría (18%), o comercio por xunto…(12,3%), as actividades agrogandeiras, forestais e pesqueiras (11,97%).

Para concluír este informe compre dicir que se incorporan a ciclos formativos no noso territorio no ano académico 2009-2010 un total de 436 alumnos, solicitando matrícula en primeiro curso de Grao medio 279 alumnos (223 en 1º e 56 en 2º convocatoria) para 487 prazas que se ofertan, quedando 176 liberadas. E 157 alumnos en primeiro curso de Grao superior (104 en 1º convocatoria e 53 en 2º) quedando liberadas 142. Hai que salientar que no territorio do Pacto non existe oferta algunha das seguintes familias profesionais: Actividades marítimo pesqueiras, artes gráficas; comunicación, imaxe e son; industrial alimentarias, madeira e moble, mantemento e servizos á produción; química; téxtil, confección e pel, e vidro e cerámica que abranguen un total de 35 ciclos formativos.

É preciso salientar que dentro dalgunhas das familias profesionais das que non hai oferta no territorio do Pacto, como é o caso das relacionadas coas actividades marítimo-pesqueiras, hai unha serie de ocupacións que figuran entre as 10 máis ofertadas/contratadas durante o período Xaneiro-Xullo 2009, tal e como se recolle nos informes do mercado laboral sobre ofertas de emprego e contratos, elaborados polo equipo desta UPD e que antes mencionamos.

Os ciclos de Grao medio mais demandados no pacto son: de “coidados auxiliares en enfermaría” ofertaba 22 prazas e en xuño cubríronse 30, “electromecánica de vehículos” repartido en dous centros ofertábanse 44 prazas e cubríronse 46, “Soldadura e Calderería” ofertaba 22 e cóbrense 21 e “perruquería” ofertaba 22 e quedan liberadas 1.

Os soldadores inclúense dentro das ocupacións que presentaron un crecemento sostido no primeiro trimestre do ano 2009 e os perruqueiros tamén se clasifican na mesma categoría pero no segundo trimestre do ano en curso, aínda que no total de contratos ámbalas dúas profesións non son especialmente representativas.

Se pode confirmar que no caso do ciclo “coidados auxiliares en enfermaría” a demanda formativa coincide coa contratación, xa que enfermeiros e auxiliares de enfermaría de atención primaria son algunhas das ocupacións máis contratadas en 5 dos concellos que conforman o Pacto territorial o longo do primeiro semestre do ano 2009. A pesar do descenso rexistrado a nivel de Pacto dos contratos relacionados con actividades sanitarias estas representan o 9,38% do total de contratos, sendo polo tanto a sexta actividade máis contratada. Estudos realizados no ano 2008 clasificaban os auxiliares de enfermaría dentro das ocupacións con boas perspectivas laborais, de crecemento relevante e alta ocupabilidade laboral.

A reparación de vehículos rexístrase no primeiro semestre do presente ano como terceira actividade máis contratada supoñendo un 12,3% dun total de 7197 contratos realizados a nivel de Pacto, considerar que esta actividade está incluída dentro do grupo G “comercio por xunto e polo miúdo; reparación de vehículos…”

Os ciclos onde quedan mais prazas vacantes son : “xestión administrativa” repartida en 3 centros so lograron cubrir menos da metade da súa oferta (39 alumnos) quedando 46 prazas liberadas, o ciclo “Cociña e Gastronomía” de 22 prazas cobre 10 e o mesmo co ciclo de “Carrozarías” de 44 prazas repartidas en dous centros solo se cobren 20.

Curiosamente algún dos ciclos onde se confirman máis prazas vacantes están relacionados coas 12 ocupacións máis ofertadas no Pacto territorial, un 5% da media total da oferta presentada no primeiro semestre do presente ano está dirixida a empregados administrativos, un 11% a cociñeiros, un 6 % a pinches de cociña. Concretamente cociñeiros e auxiliares administrativos eran algunhas das ocupacións que presentaban crecemento sostido na contratación do segundo trimestre do ano 2009. As actividades administrativas e servizos auxiliares xunto coas de administración pública…supoñen o 13,5% do total de contratos efectuados no Pacto territorial no primeiro semestre do ano 2009 sendo polo tanto a terceira actividade máis contratada.

Destacar que os ciclos onde se rexistra unha menor matriculación son os de “Comercio” que ofertan 30 prazas e so 5 alumnos están interesados nesta especialidade, o mesmo ocorre co ciclo “Servizos de restauración” de 24 prazas ofertadas comezan o curso 6 alumnos; esta situación de escasa solicitude de matriculación contrasta coa tendencia da contratación no primeiro semestre do ano 2009 que se caracterizaba por presentar como ocupacións con crecemento sostido na contratación a dependentes e exhibidores en tendas…, camareiros, barman…cociñeiros relacionadas cos ciclos anteriores. Incluso no segundo trimestre do ano 2009 os traballadores dos servizos de restauración…e vendedores dos comercios respondía á tipoloxía da contratación no Pacto territorial .

Diferentes estudos sobre empregabilidade e ocupabilidade que recollen datos das distintas comarcas do Pacto Territorial de Emprego da Mariña (Instituto Galego das Cualificacións. Saídas profesionais comarcais 2009), poñían de manifesto que determinadas actividades como cociñeiros, representantes de comercio, dependentes e exhibidores en tendas, camareiros, barmans e asimilados, foron ocupacións que no período 2004/2008 tiveron un crecemento relevante, con alta ocupabilidade laboral e polo tanto con boas perspectivas no mercado laboral.


Fontes de datos empregadas para a realización deste informe :

Elaboración propia.
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Consellería de Traballo e Benestar.
Instituto Galego das Cualificacións. Saídas profesionais comarcais 2009

Se queres descargar este informe en formato PDF preme aquí.

 
Ir Arriba