Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do mercado laboral. Sinistralidade laboral (Xaneiro 2009-Xuño 2009)







Dentro do apartado "Informes do mercado laboral", achegamos un novo documento onde se levou a cabo unha análise do comportamento da sinistralidade laboral no territorio do Pacto Territorial de Emprego da Mariña durante o primeiro semestre do ano 2009. Este informe foi elaborado a partir de datos subministrados polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), e aborda a sinistralidade laboral nos diferentes concellos do territorio, clasificando os accidentes laborais en tres grandes grupos:

  • Accidentes laborais con baixa segundo a súa gravidade.
  • Accidentes laborais con baixa segundo sectores de actividade e gravidade.
  • Accidentes laborais con baixa in itinere.
Para descargar este informe en formato PDF fai click na imaxe.

 
Ir Arriba