Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do mercado laboral. Ofertas de emprego (Xaneiro 2009-Setembro 2009)



Continuando coas actualizacións trimestrais dos diferentes indicadores socioeconómicos do territorio, presentamos nesta ocasión un novo informe de mercado laboral que amosa a evolución das ofertas de emprego no territorio do Pacto durante os primeiros tres trimestres do 2009, clasificadas en cinco categorías diferentes: por totais, segundo requerimento ou non de sexo, por actividade económica (CNAE-09), segundo nivel académico e por ocupacións máis ofertadas (CNO-94).



Para a descarga do informe en formato PDF preme na imaxe.
 
Ir Arriba