Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do territorio/poboación. Cobertura da TDT (Novembro de 2009)



O día 3 de Abril do ano 2010 é a data sinalada para que teña lugar o denominado “apagón análoxico”, un proceso que implica que as diferentes televisións do territorio español deixarán de realizar as súas emisións a través do tradicional sistema analóxico para comezar a emitir de forma dixital a través da chamada TDT (Televisión Dixital Terrestre).

A día de hoxe aínda hai moitos lugares dentro do ámbito de influenza do Pacto Territorial de Emprego da Mariña que non teñen cobertura suficiente para poder captar o sinal da TDT. Estos lugares, denominados “zonas de sombra”, concéntranse especialmente nos núcleos rurais caracterizados por una maior dispersión poboacional e a existencia dun maior número de barreiras naturais.

No seguinte informe sobre territorio/poboación que achegamos a continuación, realizouse un seguimento e un estudo individualizado da cobertura de TDT existente no Pacto Territorial de Emprego da Mariña. A información preséntase desagregada por concellos e por entidades de poboación.





Para descargar este informe en formato PDF fai click na imaxe.

 
Ir Arriba