Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do mercado laboral. Afiliacións á Seguridade Social(Xaneiro 2009-Xuño 2009)



Achegamos un novo informe do mercado laboral que se centra, nesta ocasión, en observar o comportamento das afiliacións á Seguridade Social durante o primeiro semestre do ano 2009. Contémplase a evolución das afiliacións en relación o territorio do Pacto, a provincia de Lugo e a comunidade autónoma galega. Os datos de afiliados clasificáronse segundo dous criterios básicos: réxime de afiliación e actividade econonómica (CNAE-2009). O informe leva a cabo, ademais, unha aproximación especial á situación das afiliacións no territorio do Pacto en función das actividades nas que se concentra.





Para descargar este informe en formato PDF fai click na imaxe.
 
Ir Arriba