Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do observatorio do paro. Perfil tipo do parado (Agosto 2009)


Tal e como se fixo o pasado mes e como complemento da información contida no informe do paro rexistrado de Agosto de 2009, elaborado polo observatorio do paro desta UPD, achegamos dous documentos onde se pode observar cal é o perfil tipo do parado no ámbito do Pacto Territorial de Emprego da Mariña, así como tamén en cada un dos concellos que forman parte do mesmo.

Para visualizar estes documentos en pantalla completa preme o botón situado na parte de enriba dos mesmos. (Full Screen)


Perfil tipo do parado no Pacto Territorial de Emprego da Mariña (Agosto 2009)





Perfil tipo do parado nos distintos concellos que integran o Pacto Territorial de Emprego da Mariña (Agosto 2009)




Para descargar estes documentos en formato PDF preme nos seguintes enlaces:

Tamén están dispoñibles para a súa descarga no menú superior, na sección "Observatorio do paro".
 
Ir Arriba