Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do observatorio do paro. Paro rexistrado (Agosto de 2009)




Xa está dispoñible para a súa descarga o informe do paro rexistrado realizado polo observatorio desta UPD correspondente ao mes de Agosto de 2009.

Facendo click na imaxe da portada, poderedes descargar o informe en formato PDF (recomendado para unha mellor visualización). Tamén está dispoñible para a súa descarga nos menús superiores, na sección "Observatorio do paro" (Agosto de 2009).

 
Ir Arriba