Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do mercado laboral. Mobilidade laboral (Xaneiro 2009- Setembro 2009)



Presentamos un novo informe de mercado laboral, relativo nesta ocasión a un fenómeno de importancia dentro do mercado de traballo do Pacto Territorial de Emprego da Mariña, como é a mobilidade laboral. O obxectivo do estudo é aproximarse aos desprazamentos que os traballadores realizan por motivos de traballo e os fluxos que se establecen no noso territorio.

A mobilidade estúdase segundo diferentes criterios a partir da información que ofrece un contrato (sexo e idade, actividade económica, tipoloxía contractual, etc.) Para a realización do estudo empregáronse datos do Instituto Galego das Cualificacións. O ámbito temporal avaliado comprende os tres primeiros trimestres do ano en curso 2009.






Para descargar este informe en formato PDF fai click na imaxe.
 
Ir Arriba