Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do observatorio do paro. Paro rexistrado (Novembro de 2009)




Tras o avance de datos de desemprego realizado no día de onte, achegamos o informe completo de paro rexistrado en Novembro de 2009, realizado polo Observatorio do Paro da Unidade de Promoción e Desenvolvemento do Pacto Territorial de Emprego da Mariña. Tal e como se fai mensualmente, os datos que se ofrecen no devandito informe, están referidos ao territorio do Pacto (prestando especial atención a cada un dos municipios que o integran), á provincia de Lugo e a Galicia.

Premendo na imaxe da portada, pódese descargar o informe en formato PDF . Tamén está dispoñible para a súa descarga nos menús superiores, na sección "Observatorio do paro" (Novembro de 2009).

En canto se atopen dispoñibles os datos correspondentes, completarase a información sobre o paro rexistrado no pasado mes de Novembro cos informes relativos ao perfil tipo do parado no territorio do Pacto, así como tamén nos distintos concellos que forman parte do mesmo.
 
Ir Arriba