Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do observatorio do paro. Paro rexistrado (Novembro de 2010)





Achegamos o último informe do Observatorio do paro da UPD do Pacto Territorial de Emprego da Mariña, onde se recollen os datos do desemprego rexistrado no ámbito de influenza do Pacto, na provincia , e en Galicia, correspondentes todos eles ao mes de Novembro de 2010. O informe contén tamén a información relativa a cada un dos dezasete municipios integran este Pacto Territorial.

Se queres descargar este informe, fai click na imaxe que acompaña ao texto. Tamén se atopa dispoñible dende os menús superiores, na sección, Observatorio do paro.

A próxima semana, se ofrecerán os datos dos pefís tipo do parado tanto para o pacto no seu conxunto como para cada un dos municipios que o abranguen.
 
Ir Arriba