Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do mercado laboral. Paro rexistrado por idades. (3º trimestre de 2010)


Presentamos un novo informe de mercado laboral, centrado nesta ocasión no estudo e evolución do desemprego segundo grupos quinquenais de idade, durante o terceiro trimestre do ano en curso 2010. O informe aporta datos do conxunto do Pacto, Lugo e Galicia pero fai especial fincapé no acontecido en cada un dos municipios que abrangue o Pacto Territorial de Emprego da Mariña.




Para visualizar e descargar o informe, preme na imaxe superior.
 
Ir Arriba