Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Estudos realizados pola UPD (VI): Priorización de actividades formativas para 2011





O estudo que presentamos a continuación, trata de establecer, a partir da análise dunha serie de criterios básicos, unha orde de prioridade na programación de actividades formativas para o vindeiro ano 2011 no ámbito de influenza do Pacto Territorial de Emprego da Mariña. Esta orde de prioridade, se centra fundamentalmente naquelas persoas que se atopan na procura de emprego.

A formación dos parados é un instrumento fundamental na loita contra o desemprego. É por iso que unha programación formativa axeitada e acorde ao panorama socioeconómico do territorio no que se aplica, resulta imprescindible para acadar o seu obxectivo final.

Para a descarga do estudo, premede na imaxe superior.
 
Ir Arriba