Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do observatorio do paro. Perfil tipo do parado (Outubro de 2010)



Rematamos a análise do desemprego no pasado mes de Outubro cos informes que amosan os perfís tipo do parado no ámbito do Pacto Territorial de Emprego da Mariña e nos concellos que o conforman.

Para ver o documento a pantalla completa preme na parte de enriba dos mesmos. (Full Screen)


Perfil tipo do parado no Pacto Territorial de Emprego da Mariña (Outubro de 2010)





Perfil tipo do parado nos distintos concellos que integran o Pacto Territorial de Emprego da Mariña (
Outubro de 2010)





Nas seguintes ligazóns poderás descargar estes informes en formato PDF:


Tamén se poden descargar os documentos dende o menú superior, na sección "Observatorio do paro".
 
Ir Arriba