Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do observatorio do paro. Paro rexistrado (Outubro de 2010)




Xa se atopa dispoñible o último informe do Observatorio do paro da UPD do Pacto Territorial de Emprego da Mariña. O informe reflexa os datos de paro rexistrado no territorio do Pacto na provincia de Lugo, e en Galicia, durante o mes de Outubro. Xunto cos datos do conxunto do Pacto, ofrécense tamén os correspondentes aos dezasete municipios que o conforman.

Para a descarga do informe en PDF, preme na imaxe superior. Tamén é posible descargalo dende os menús superiores

Nos vindeiros días, unha vez se posúan os datos, se publicarán os perfís tipo do desempregado no territorio do pacto e en cada un dos concellos que o abranguen.
 
Ir Arriba