Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do observatorio do paro. Perfil tipo do parado (Agosto 2010)



Rematamos a análise mensual do paro rexistrado en Agosto de 2010 cos informes relativos aos perfís tipo do desempregado no ámbito do Pacto Territorial de Emprego da Mariña e nos concellos que o conforman.

Para visualizar a pantalla compreta fai click na parte de enriba dos documentos. (Full Screen)


Perfil tipo do parado no Pacto Territorial de Emprego da Mariña (Agosto de 2010)




Perfil tipo do parado nos distintos concellos que integran o Pacto Territorial de Emprego da Mariña (
Agosto de 2010)



Premendo nos seguintes enlaces poderás descargar os informes en PDF:


Estes documentos pódense descargar tamén dende o menú superior, sección "Observatorio do paro".
 
Ir Arriba