Presentamos no día de hoxe un novo informe de mercado laboral, que se centra en estudar á evolución das afiliacións á seguridade social durante o primeiro semestre de 2010, a partir dos datos subministrados polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Asímesmo, compárase a situación existente a 30 de Xuño de este ano con respecto á mesma data do pasado 2009. Todo elo para o conxunto do Pacto Territorial de Emprego da Mariña, a provincia de Lugo e Galicia, con especial aproximación ao acontecido nos dezasete concellos integrantes deste pacto.
Os datos considerados se corresponden có do número de afiliados segundo conta de cotización do empregador. A evolución da afiliación no período sinalado estúdase empregando dous criterios: segundo o tipo de réxime de afiliación, segundo a actividade económica na que se concentra (CNAE-2009).


.png)
