Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do mercado laboral. Paro rexistrado por tempo de búsqueda de emprego (1º semestre de 2010)



Vimos de rematar un novo informe de mercado laboral, onde se observa a variación do paro rexistrado no primeiro semestre de 2010 tendo en conta o tempo que unha persoa está na procura de emprego. O informe recolle 3 períodos temporais de búsqueda dun traballo: menos de 6 meses , entre 6 meses e un ano, máis dun ano. Todo elo para o conxunto do Pacto, Lugo, Galicia e, particularmente, nos concellos que abrangue o Pacto Territorial de Emprego da Mariña.




Se queres descargar este informe, preme na imaxe de enriba.
 
Ir Arriba