Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do mercado laboral. Paro rexistrado por niveis académicos (1º semestre de 2010)



Concluímos as análises semestrais do desemprego, cun informe de mercado laboral onde se observa a evolución do paro rexistrado segundo o nivel académico das persoas que demandan un traballo. Para elo, distínguense 5 niveis académicos: ata certificado de escolaridade, Ensinanza Obrigatoria, Formación Profesional, BUP/ Bacherelato Superior/COU, Titulación Universitaria. No presente informe, e como é habitual, móstranse datos do conxunto do Pacto Territorial de Emprego da Mariña e de cada un dos concellos que o conforman, en comparanza cos datos da provincia de Lugo e de Galicia.



Para descargar o informe en formato PDF, fai click na imaxe
 
Ir Arriba