Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do observatorio do paro. Paro rexistrado (Setembro de 2010)






Achegamos o informe mensual do Observatorio do paro da UPD do Pacto Territorial de Emprego da Mariña. No mesmo recóllense os datos de desemprego no territorio, na provincia, e en Galicia, durante o pasado mes de Setembro. Coma sempre, xunto cos datos do conxunto do Pacto, ofrécense tamén os correspondentes aos dezasete municipios que o conforman.

Para descargar o informe, fai click na imaxe que acompaña a esta entrada. Tamén está dispoñible para a súa descarga desde os menús superiores

Nos próximos días, publicaranse tamén os perfís tipo do desempregado unha vez se posúan os datos.
 
Ir Arriba