Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do observatorio do paro. Paro rexistrado (Agosto de 2010)




Xa está dispoñible para a súa consulta e descarga o informe de paro rexistrado do mes de Agosto de 2010, realizado polo observatorio da UPD do Pacto Territorial de Emprego da Mariña. a partir dos datos que subministra a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia . O informe recolle os datos do desemprego que se rexistrou durante o pasado mes no ámbito de influenza do Pacto e dos concellos que o integran, na provincia de Lugo e en Galicia.

Premendo na imaxen de enriba, pódese descargar o informe en PDF. Tamén está dispoñible nos menús superiores, na sección "Observatorio do paro" (Agosto de 2010).

Próximamente actualizaremos á información relativa aos perfís tipo do desempregado no pasado mes de Agosto, tanto no ámbito do pacto como no dos concellos que o conforman.
 
Ir Arriba