Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do mercado laboral. Paro rexistrado por actividade económica. (1º semestre de 2010)


Presentamos un novo informe semestral de paro rexistrado, centrado nesta ocasión, na análise do desemprego segundo actividade económica. No documento estúdase a evolución do paro rexistrado no sector primario, na industria, na construción, no sector servizos, etc. ,en todo o territorio do Pacto, a provincia de Lugo e Galicia, facendo especial mención tamén a cada un dos municipios que abrangue o Pacto Territorial de Emprego da Mariña.




Podes descargar este informe en formato PDF facendo click na imaxe de enriba.
 
Ir Arriba