Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do observatorio do paro. Perfil tipo do parado (Xuño 2010)



Finalizamos o estudo mensual da evolución do paro rexistrado no territorio, coa elaboración dos informes que conteñen a información sobre o perfil tipo do desempregado no ámbito de influenza do Pacto Territorial de Emprego da Mariña, así como tamén en cada un dos concellos que o abranguen.

Se queres visualizar os informes a pantalla compreta preme no botón da parte de enriba dos mesmos. (Full Screen)


Perfil tipo do parado no Pacto Territorial de Emprego da Mariña (Xuño de 2010)




Perfil tipo do parado nos distintos concellos que integran o Pacto Territorial de Emprego da Mariña (
Xuño de 2010)



Para descargar estes informes, preme nas ligazóns seguintes:


No menú superior, na sección "Observatorio do paro", poderas atopar tamén estes documentos.

 
Ir Arriba