Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do mercado laboral. Contratos (2º trimestre de 2010)


Coa conclusión do primeiro semestre de 2010 procedemos a actualizar os diferentes informes de mercado laboral estruturados por trimestres naturais. Nesta ocasión, presentamos un informe que reflexa o número de contratos realizados no ámbito de influenza do Pacto Territorial de Emprego da Mariña durante os seis primeiros meses do presente ano, comparando os resultados co acontecido no 2009. Empréganse catro criterios básicos para clasificar os contratos rexistrados no territorio: contratos totais, por sexo, por tipoloxía contractual e por actividade económica (CNAE-2009).




Para descargar este informe en PDF fai click na imaxe

 
Ir Arriba