Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do observatorio do paro. Paro rexistrado (Xuño de 2010)





Xa se atopa dispoñible para a súa consulta e descarga, o informe de paro rexistrado correspondente ao mes de Xuño de 2010, realizado polo observatorio da UPD do Pacto Territorial de Emprego da Mariña. Este informe recolle os datos de desemprego no territorio do Pacto, nos concellos que o integran, na provincia de Lugo e en Galicia.

Premendo na imaxe superior, poderedes descargar o informe en PDF. Tamén está dispoñible para a súa descarga nos menús superiores, na sección "Observatorio do paro" (Xuño de 2010).

En canto se dispoña dos datos, actualizarase á información relativa aos perfís tipo do parado no pasado mes de Xuño, tanto no territorio do Pacto como en cada un dos seus concellos.
 
Ir Arriba