Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do tecido empresarial. Tecido empresarial (IGE). 2007-2008



Trala recente actualización dos datos das empresas con actividade en Galicia por parte do IGE (Instituto Galego de Estatística), a través do seu directorio de empresas e unidades locais, procedeuse a elaborar un novo informe relativo á situación do tecido empresarial do Pacto Territorial de Emprego da Mariña, aportándose tamén datos do comportamento a nivel provincial e galego.

O período avaliado no informe que presentamos a continuación inclúe os anos 2007 e 2008. Os datos correspondentes a anos anteriores (2000-2007) podénse atopar no estudo sobre o Tecido Empresarial do territorio realizado por esta UPD en Xullo de 2009.



Para a descarga do informe en formato PDF fai click na imaxe de enriba.
 
Ir Arriba