Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do mercado laboral. Paro rexistrado por concellos (Ano 2009)



Xa está dispoñible para a súa consulta e descarga un novo informe de mercado laboral relativo a evolución do desemprego no pasado ano 2009. A diferencia de estudos anteriores, máis centrados en amosar a situación do Pacto Territorial de Emprego da Mariña considerado no seu conxunto, o que achegamos a continuación, leva a cabo unha aproximación exhaustiva á evolución e situación actual do paro rexistrado en cada un dos concellos que integran este Pacto Territorial. Dous son os criterios básicos empregados para a análise do desemprego: actividade/sector económico no que se concentra; sexo do parado.





Para a descarga do informe fai click na imaxe de enriba

 
Ir Arriba