Retomando a tarefa iniciada o pasado ano, presentamos un primeiro informe trimestral de mercado laboral onde se avalía a evolución no número de contratacións realizadas no Pacto Territorial de Emprego da Mariña durante os tres primeiros meses do presente ano, en comparanza co acontecido no 2009. Son 3 os criterios empregados para a clasificación dos contratos rexistrados no territorio: contratos totais, por sexo, por tipoloxía contractual e por actividade económica (CNAE-2009).
Se desexas consultar e descargar o informe clicka na imaxe.
Informamos tamén, de que se procedeu a actualización do anterior informe sobre contratos (Marco contractual 2007-2009), xa que se lle engadiron dous criterios máis de análise: contratos segundo grupos cuadrienais de idade; contratos segundo nivel de formación.


.png)
