Achegamos o primeiro informe do ano relativo as ofertas de emprego rexistradas no territorio do Pacto durante o primeiro trimestre de 2010. Como en ocasións anteriores, as ofertas de traballo se clasificaron en base a cinco categorías distintas: por totais, segundo requerimento ou non de sexo, por actividade económica (CNAE-09), segundo nivel académico e por ocupacións máis ofertadas (CNO-94).
| [+/-] | Informes do mercado laboral. Ofertas de emprego (1º trimestre de 2010) |
Achegamos o primeiro informe do ano relativo as ofertas de emprego rexistradas no territorio do Pacto durante o primeiro trimestre de 2010. Como en ocasións anteriores, as ofertas de traballo se clasificaron en base a cinco categorías distintas: por totais, segundo requerimento ou non de sexo, por actividade económica (CNAE-09), segundo nivel académico e por ocupacións máis ofertadas (CNO-94).
| [+/-] | Informes do mercado laboral. Contratos (1º trimestre de 2010) |
Retomando a tarefa iniciada o pasado ano, presentamos un primeiro informe trimestral de mercado laboral onde se avalía a evolución no número de contratacións realizadas no Pacto Territorial de Emprego da Mariña durante os tres primeiros meses do presente ano, en comparanza co acontecido no 2009. Son 3 os criterios empregados para a clasificación dos contratos rexistrados no territorio: contratos totais, por sexo, por tipoloxía contractual e por actividade económica (CNAE-2009).
Se desexas consultar e descargar o informe clicka na imaxe.
Informamos tamén, de que se procedeu a actualización do anterior informe sobre contratos (Marco contractual 2007-2009), xa que se lle engadiron dous criterios máis de análise: contratos segundo grupos cuadrienais de idade; contratos segundo nivel de formación.
| [+/-] | Informes do tecido empresarial. Tecido empresarial (IGE). 2007-2008 |
Trala recente actualización dos datos das empresas con actividade en Galicia por parte do IGE (Instituto Galego de Estatística), a través do seu directorio de empresas e unidades locais, procedeuse a elaborar un novo informe relativo á situación do tecido empresarial do Pacto Territorial de Emprego da Mariña, aportándose tamén datos do comportamento a nivel provincial e galego.
O período avaliado no informe que presentamos a continuación inclúe os anos 2007 e 2008. Os datos correspondentes a anos anteriores (2000-2007) podénse atopar no estudo sobre o Tecido Empresarial do territorio realizado por esta UPD en Xullo de 2009.
Para a descarga do informe en formato PDF fai click na imaxe de enriba.
| [+/-] | Informes do mercado laboral. Paro rexistrado por concellos (Ano 2009) |
Xa está dispoñible para a súa consulta e descarga un novo informe de mercado laboral relativo a evolución do desemprego no pasado ano 2009. A diferencia de estudos anteriores, máis centrados en amosar a situación do Pacto Territorial de Emprego da Mariña considerado no seu conxunto, o que achegamos a continuación, leva a cabo unha aproximación exhaustiva á evolución e situación actual do paro rexistrado en cada un dos concellos que integran este Pacto Territorial. Dous son os criterios básicos empregados para a análise do desemprego: actividade/sector económico no que se concentra; sexo do parado.
Para a descarga do informe fai click na imaxe de enriba
| [+/-] | Informes do observatorio do paro. Perfil tipo do parado (Marzo 2010) |
Completamos a información do desemprego en Marzo de 2010 cos informes que amosan o perfil tipo do parado no territorio do Pacto así como tamén en cada un dos termos municipais que o constitúen.
Se queres ver os documentos en pantalla fai click no botón situado na parte de enriba dos mesmos. (Full Screen)
Perfil tipo do parado no Pacto Territorial de Emprego da Mariña (Marzo de 2010)
Perfil tipo do parado nos distintos concellos que integran o Pacto Territorial de Emprego da Mariña (Marzo de 2010)
Para descargar os informes en PDF, premede nas ligazóns seguintes:
Os informes pódense descargar tamén desde o menú superior, na sección "Observatorio do paro".
| [+/-] | Informes do observatorio do paro. Paro rexistrado (Marzo de 2010) |
Como cada mes, presentamos o informe de paro rexistrado no pasado mes de Marzo e que foi elaborado polo Observatorio do Paro do Pacto Territorial de Emprego da Mariña. O documento recolle as variacións do desemprego no conxunto do Pacto Territorial así como tamén no ámbito provincial e autonómico, prestando especial atención á situación de cada un dos concellos que abrangue o Pacto Territorial de Emprego da Mariña.
Se desexas proceder á descarga do informe, preme na imaxe superior.
Nos vindeiros días procederemos a completar a información do paro rexistrado en Marzo, cos documentos que reflexan os perfís tipo do desempregado no conxunto do pacto e nos distintos municipios que o conforman.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
É posible que che interese recibir unha mensaxe no teu email cando haxa actualizacións do noso blog.






.png)
