Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do mercado laboral. Ofertas de emprego (Ano 2009)



Agora que o ano 2009 pechou o seu curso, procederemos a ir actualizando pouco a pouco (unha vez que dispoñamos dos datos), os diferentes indicadores socioeconómicos e laborais do territorio que comprende o Pacto Territorial de Emprego da Mariña.

Comezamos achegando un primeiro informe anual de mercado laboral que se centra en observar a evolución das ofertas de emprego no territorio durante o pasado 2009 clasificadas en cinco categorías diferentes: por totais, segundo requerimento ou non de sexo, por actividade económica (CNAE-09), segundo nivel académico e por ocupacións máis ofertadas (CNO-94). Ao igual que se fixo en informes anteriores de ofertas de emprego, estúdase a súa evolución por trimestres naturais.





Se desexas descargar este informe en formato PDF preme na imaxe de enriba.

No que queda de mes e durante o próximo Febreiro, tal e como apuntabamos ao comezo, esperamos poder dispor de todos os datos de 2009 para poder seguir actualizando os distintos indicadores do mercado laboral: contratos, paro rexistrado, afiliacións á seguridade social, etc.
 
Ir Arriba