Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do mercado laboral. Contratos (Ano 2009)



Continuando coa tarefa de actualización dos indicadores sociais, económicos e laborais do territorio, presentamos un novo informe anual de mercado laboral, referido nesta ocasión á evolución do marco contractual do Pacto Territorial de Emprego da Mariña durante o pasado ano 2009.

O estudo dos contratos realizouse por trimestres naturais e clasificáronse os contratos atendendo a catro criterios principais: por totais, por sexo, por tipoloxía contractual e por actividade económica (CNAE-2009)





Se queres descargar este informe en formato PDF preme na imaxe.
 
Ir Arriba