Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do mercado laboral. Paro rexistrado por idades. (4º trimestre de 2009)



Vimos de rematar un novo informe de mercado laboral relativo ao comportamento do paro rexistrado no territorio do Pacto nos tres últimos meses do pasado ano 2009. Continuando coa liña seguida nas análises realizadas en anteriores trimestres, abordamos a evolución do desemprego no territorio segundo grupos quinquenais de idade. Este informe achégase en primeiro lugar ao comportamento do paro no conxunto do Pacto Territorial de Emprego da Mariña para posteriormente avaliar a situación en relación a cada un dos dezasete concellos que o conforman.





Para a descarga do informe en PDF premede na imaxe de enriba.
 
Ir Arriba