Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do observatorio do paro. Perfil tipo do parado (Decembro 2009)



Rematamos a información sobre paro rexistrado no pasado mes de Decembro cos últimos informes do ano relativos ao perfil tipo do parado no ámbito do Pacto Territorial de Emprego da Mariña, así como tamén en cada un dos concellos que o abranguen.

Se desexas ver os informes a pantalla completa fai click no botón situado na parte de enriba dos mesmos. (Full Screen)


Perfil tipo do parado no Pacto Territorial de Emprego da Mariña (Decembro 2009)




Perfil tipo do parado nos distintos concellos que integran o Pacto Territorial de Emprego da Mariña (
Decembro 2009)




Para descargar os informes en PDF, pulsa nos enlaces que mostramos a continuación:

Tamén os podes descargar desde o menú superior, na sección "Observatorio do paro".
 
Ir Arriba