Achegamos un novo informe trimestral de mercado laboral onde se pode observar o número de contratos realizados no conxunto do Pacto Territorial de Emprego da Mariña durante o terceiro trimestre 2010, e se comparan os resultados co acontecido nos trimestres anteriores. Para a clasificación dos contratos rexistrados no territorio empregáronse catro criterios básicos: contratos totais, por sexo, por tipoloxía contractual e por actividade económica (CNAE-2009).
| [+/-] | Informes do mercado laboral. Contratos (3º trimestre de 2010) |
Achegamos un novo informe trimestral de mercado laboral onde se pode observar o número de contratos realizados no conxunto do Pacto Territorial de Emprego da Mariña durante o terceiro trimestre 2010, e se comparan os resultados co acontecido nos trimestres anteriores. Para a clasificación dos contratos rexistrados no territorio empregáronse catro criterios básicos: contratos totais, por sexo, por tipoloxía contractual e por actividade económica (CNAE-2009).
| [+/-] | Informes do mercado laboral. Ofertas de emprego (3º trimestre de 2010) |
Presentamos un novo informe trimestral do mercado laboral que ten como obxectivo achegarse á evolución das ofertas de emprego no territorio entre os meses de xullo e setembro de 2010. Para o estudo das ofertas seguíronse os seguintes criterios clasificatorios: por totais, segundo requerimento ou non de sexo, por actividade económica (CNAE-09), segundo nivel académico e por ocupacións máis ofertadas (CNO-94).
| [+/-] | Informes do observatorio do paro. Perfil tipo do parado (Setembro de 2010) |
.
Pechamos o estudo do paro rexistrado en Setembro cos informes relativos aos perfís tipo do desempregado no ámbito do Pacto Territorial de Emprego da Mariña e nos concellos que o integran.
Para ver a pantalla compreta fai click na parte de enriba dos documentos que seguen a continuación. (Full Screen)
Perfil tipo do parado no Pacto Territorial de Emprego da Mariña (Setembro de 2010)
Perfil tipo do parado nos distintos concellos que integran o Pacto Territorial de Emprego da Mariña (Setembro de 2010)
Se fas click nas seguintes ligazóns poderás descargar estes informes en formato PDF:
Tamén podes atopar e descargar os informes dende o menú superior, na sección "Observatorio do paro".
| [+/-] | Informes do observatorio do paro. Paro rexistrado (Setembro de 2010) |
Achegamos o informe mensual do Observatorio do paro da UPD do Pacto Territorial de Emprego da Mariña. No mesmo recóllense os datos de desemprego no territorio, na provincia, e en Galicia, durante o pasado mes de Setembro. Coma sempre, xunto cos datos do conxunto do Pacto, ofrécense tamén os correspondentes aos dezasete municipios que o conforman.
Para descargar o informe, fai click na imaxe que acompaña a esta entrada. Tamén está dispoñible para a súa descarga desde os menús superiores
Nos próximos días, publicaranse tamén os perfís tipo do desempregado unha vez se posúan os datos.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
É posible que che interese recibir unha mensaxe no teu email cando haxa actualizacións do noso blog.




.png)
