Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do mercado laboral. Ofertas de emprego (3º trimestre de 2010)



Presentamos un novo informe trimestral do mercado laboral que ten como obxectivo achegarse á evolución das ofertas de emprego no territorio entre os meses de xullo e setembro de 2010. Para o estudo das ofertas seguíronse os seguintes criterios clasificatorios: por totais, segundo requerimento ou non de sexo, por actividade económica (CNAE-09), segundo nivel académico e por ocupacións máis ofertadas (CNO-94).



Se queres descargar o informe fai click na imaxe que acompaña ao texto.
 
Ir Arriba