Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do observatorio do paro. Paro rexistrado (Febreiro de 2010)





Xa está a vosa disposición o informe de paro rexistrado correspondente ao mes de Febreiro de 2010 elaborado polo Observatorio do Paro do Pacto Territorial de Emprego da Mariña. Como cada mes, apórtanse datos da evolución do desemprego no conxunto do Pacto Territorial en comparanza coa situación vivida na Provincia de Lugo e na Comunidade Autónoma galega. Asímesmo, ofrécense tamén datos da evolución do paro en cada un dos dezasete concellos que abrangue este pacto territorial.

Para descargar o informe do Observatorio facede click na imaxe de enriba. Tamén está á vosa disposición nos menús superiores, na sección Observatorio do paro" (Febreiro de 2010).

Unha vez se posúan os datos, completaremos a información de paro rexistrado no segundo mes de 2010, cos informes dos perfís tipo do desempregado no territorio do pacto así como tamén en cada un dos termos municipais que o integran.

 
Ir Arriba