Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do mercado laboral. Paro rexistrado por niveis académicos (4º trimestre de 2009)


Rematamos as análises trimestrais de paro rexistrado durante o 2009 no territorio do Pacto, coa presentación dun último informe de mercado laboral que mostra á evolución do desemprego segundo o nivel académico daquelas persoas que se atopan na procura dun traballo. Con ese obxectivo, son cinco as categorías académicas examinadas: ata certificado de escolaridade, Ensinanza Obrigatoria, Formación Profesional, BUP/ Bacherelato Superior/COU, Titulación Universitaria.




Premendo na imaxe de enriba, poderedes descargar este informe en PDF

 
Ir Arriba